
Benvidos e benvidas ao espazo web do E-SignoVisual, dicionario virtual de termos tecnolóxicos que combina a Lingua de Signos Española, a Lingua Galega, as Novas Tecnoloxías e o Software libre.
Este proxecto é unha iniciativa de catro dinamizadores/as da Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria: Paqui García, Vanesa Pérez, Ibán Vázquez e Alejandro Rancaño en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU), cuxos socios e socias participaron no dicionario realizando unha das partes fundamentais do E-SignoVisual: os vídeos de LSE.
E-SignoVisual naceu co gallo das Letras Galegas e do Día de Internet, o 17 de maio, cando a Rede de Dinamización da Sociedade da Información propuxo a posibilidade de realizar distintas iniciativas que tiveran en conta as características sociais dos distintos colectivos obxectivo da dinamización.
En todo o proceso de elaboración combináronse dous aspectos fundamentais para o traballo de dinamización tecnolóxica: o factor humano e social e o técnico.
Os obxectivos que se pretende acadar co E-SignoVisual resúmense en tres:
O E-SignoVisual xorde da necesidade de crear unha ferramenta que:
Esta iniciativa tamén xorde da natureza do propio proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información no PEGSI (Plano Estratéxico Galego Da Sociedade da Información) e que busca a alfabetización dixital na totalidade da poboación, e moi especialmente en todos aqueles colectivos que posúen dificultades para o acceso ás Novas Tecnoloxías.